domingo, 5 de enero de 2014

Roda de afiador



















Roda de afiador no ensanche compostelán, en decembro 2013

jueves, 25 de julio de 2013

Solidariedade

En solidariedade coas víctimas do accidente ferroviario en Santiago de Compostela

jueves, 28 de julio de 2011

Ficha de traballo (2)

A DISTRIBUCIÓN DO TRABALLO:

¿Como se repartían os distintos labores domésticos entre os membros da familia?
  • Prende-lo lume;
  • Facer de comer;
  • Lava-la louza;
  • Lava-la roupa;
  • Pasa-lo ferro;
  • Face-los leitos;
  • Carrexa-la auga;
  • Facer acopio de leña, piñas, fentos e faísca;
  • Atender ós animales (darlles de comer, muxi-las vacas, recolle-os ovos, leva-las vacas ó monte...);
  • Elaborar o pan (amasar, quenta-lo forno, enfornar...);
  • Atender ós nenos máis pequenos, ás persoas maiores, ós enfermos, ás mulleres recén paridas...;
  • Procura-los productos necesarios para facer de comer (nas leiras, na tenda ou taberna, na feira...);
¿Había traballos exclusivamente femininos ou exclusivamente masculinos?

¿Colaboraban os nenos e nenas nos labores domésticos? Especificar.

¿Cales eran os labores propios das persoas de máis idade?

domingo, 20 de febrero de 2011

domingo, 16 de enero de 2011

domingo, 10 de octubre de 2010

jueves, 29 de julio de 2010

A alimentación: o consumo de leite (2)

O leite non se mercaba nas tabernas.
As familias que precisaban mercalo porque non tiñan vacas poñíanse de acordo con outras familia, non precisamente a máis próxima, senón algunha coa que tiveran algún tipo de parentesco, sanguíneo ou espiritual, porque en Galicia o adquirido por matrimonio ou apadriñamento era un parentesco incluso máis sagrado que o outro, ou, simplemente, confianza.
O leite así adquirido soía pagarse por semán, por quincena ou por mes.

Fragmento dos Diarios de Mariana Canabal:
Un dos labores que debía facer cando era nena no tempo que non había escola, poiscando a había anoitecía moi cedo, era o de ir á tardiña buscar unha botella de leite á casa da R., que quedaba a uns cinco minutos da miña casa atravesando a carballeira.
Levaba unha botella das gaseosas de un litro. Xa desde a corredoira ouvía ladrar o can que estaba ben atado no fondo da eira e non podía alonxarse do seu cocho o suficiente para trabarme. Poñéndome na punta dos pés, mentres xuxeitaba coa man direita a botella da gaseosa polo ferro que facía presión para que pechara hermeticamente, despois de varios intentos, acababa por chegarlle ó manubrio do portal de ferro coa man esquerda e abri-la folla da direta o suficiente para introducirme de lado e, seguindo as paredes da casa, chegar ata a cociña na que se atopaba Lola, a muller do home da casa (pois a muller da casa seguía sendo a súa sogra) quen despois de darme unhas galletas, unha onza de chiculate ou unha peza de froita e de interesarse pola saúde de miña avoa, levábame agarimosamente da man á corte para muxir unha vaca; tiña anta habilidade que enchía directamente a botella sen que se perdera unha soa gota de leite.
Poñíame a botella con coidado na man e sentíaa morna; era a mesma sensación que sentía cando era máis pequena e me collía no seu colo para que poidera observar como o seu neno durmía placidamente no berce...
A meirande parte dos nenosda miña idade non poidían facer este mandado porque polo camiño bebían parte do leite e logo, para que non se notara, botábanlle auga, cando non mexaban nel, pero a mi o leite só, fervido ou non, nunca me gustou; cando non tiña idade para tomalo con café e aínda non se popularizara o Cola-cao, tomábao con cascarilla...